Proxecto Home Galicia pon en marcha un programa de rehabilitación e reinserción social para mulleres toxicómanas embarazadas e/ou con fillos/as ao seu cargo

O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, inaugurou esta tarde en Cernadas (Val do Dubra) un programa de rehabilitación e reinserción social na Comunidad Terapéutica de Proxecto Home Galicia que acollerá a mulleres toxicómanas embarazadas e/ou con fillos/as ó seu cargo. O programa foi financiado pola Fundación María José Jove e FADESA.